Miguel Cabrera Cabrera
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1948 (75/76 anos) Gran Canaria, España |
Deputado no Parlamento das Canarias | |
15 de xuño de 1987 – 27 de maio de 1995 | |
Senador de España | |
28 de outubro de 1982 – 23 de abril de 1986 Circunscrición electoral: Fuerteventura | |
Senador de España | |
15 de xuño de 1977 – 2 de xaneiro de 1979 Circunscrición electoral: Fuerteventura | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | arquitecto, político |
Miguel Cabrera Cabrera, nado en Gran Canaria o 12 de marzo de 1948[1] é un arquitecto e político español cuxo ámbito de actuación política foi a illa canaria de Fuerteventura.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou o bacharelato até terceiro en Fuerteventura por libre e despois no Instituto Pérez Galdós da cidade das Palmas de Gran Canaria, en Gran Canaria. Cursou a carreira de Arquitectura nas escolas de Madrid e Valencia, onde obtivo a licenciatura en 1973. Exerceu a súa profesión en Gran Canaria e Fuerteventura. En 1975 foi elixido membro da Xunta de Goberno do Colexio de Arquitectos ata que dimitiu ó dar comezo as eleccións xerais de 1977.
Para as eleccións xerais de 1977 fundou Asemblea Majorera, coa que foi elixido senador por Fuertenventura.[2] Non repetiu nas seguintes, ó ser superado por dez votos (4.468 fronte a 4.458) polo candidato de UCD, pero foi novamente elixido nas eleccións xerais de 1982. Nas eleccións ó Parlamento das Canarias de 1987 e 1991 foi elixido deputado por Asemblea Majorera.
En 2010 foi nomeado director xeral de Infraestrutura Turística do goberno das Canarias.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diario de sesiones del Senado, Junta preparatoria para la designación de presidente provisional y de la mesa de edad, celebrada el miércoles 13 de julio de 1977
- ↑ "Historia de Asamblea Majorera - Coalición Canaria en Fuerteventura". Asamblea Majorera. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2017. Consultado o 28 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Dirección General de Infraestructura Turística". Goberno de Canarias. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2014. Consultado o 28 de xaneiro de 2013.